19 de maio de 2015

NOVIDADES 2015 NA BIBLIOTECA


Neste mes tocounos renovar a sección de banda deseñada. Engadimos títulos á nosa pequena colección como El autobús de rosa, El heredero, El oro de la sangre, Inercia, El castillo de las estrellas ou Moby Dick. Tamén títulos de novela como La reina descalza ou biografías coma a de Salvador Dalí. Incrementouse o fondo de películas con 40 novos títulos.






7 de maio de 2015

23 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Para celebrar o día da Poesía convócase este concurso aberto a todo o Centro. Con esta é a 3ª convocatoria. Trátase de estimular a creatividade do alumnado.

Desde a Escola Oficial de Idiomas existe unha colaboración coa profesora de inglés Ana Losada, que utiliza nas súas clases estes traballos para facer comentarios cos seus alumnos.





















 





1 de maio de 2015

23 DE ABRIL DE 2015 NO IES DE SAR

Neste día, como no Día das Bibliotecas Escolares o 25 de outubro, celebramos cunha chocolatada o evento. Alimentamos dobremente o corpo e a alma.