30 de abril de 2015

AS MULLERES NA MÚSICA : 8 DE MARZO





Esta exposición naceu da colaboración entre o EDLG do CMUS de Santiago de Compostela e a Biblioteca, Departamento de Debuxo e Vicedirección do IES de SAR con motivo do Día Internacional da Muller, o pasado 8 de marzo.
Neste Día da Muller 2015 quixemos sacar á luz e darlles voz ás mulleres compositoras e intérpretes na música que chegaron ata nós. Pero, sobre todo, vai esta homenaxe por todas as que faltan e as que foron esquecidas ou ignoradas.
En primeiro lugar, houbo unha conferencia o día 26 de marzo a cargo da investigadora Rosario Martínez, lembrando a figura da compositora galega Eugenia Osterberger, da cal se interpretaron dúas composicións.
O concerto foi realmente emotivo e congregou a moito público.
Na exposición participaron os alumnos e as alumnas de 2º de Bacharelato de Artes que cursan a materia de Técnicas Gráfico-Plásticas. A técnica empregada consistiu no emprego de tintas en todas as súas variantes: a pincel, plumiña, con esponxa, ou máis experimentais, como as pingas sopradas, pingas verticais, fondos con sal ou o film transparente... Nalgunhas empregaron tamén o collage.


Lidia Villaverde
David Vidal
Isabel Ventura
Julia Rey
Xulián Pintos


David Rey
Zeltia Iglesias
Aitor Álvarez
Sabela González
Alicia Calviño
Francisco  González


Natalia Candal
Julia Leis
Irene Rodríguez
Andrea Suárez










26 de abril de 2015

ZELTIA NOS PREMIOS XURXO LOBATO DE FOTOGRAFÍA


Parabéns á nosa alumna Zeltia e aos demais gañadores!
Esta é a segunda vez que unha alumna do IES de SAR gaña un premio neste concurso. Con anterioridade recibírao Mariña Casas.
Nesta edición participaron un total de 143 alumnos de Ensino Medio cun total de 365 fotografías.
O xurado decidiu outorgar os seguintes premios:
1º Premio, pola foto titulada “Espera na ventá“ de FRANCISCO FILGUEIRA FERREIRO da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV).
2º Premio, pola foto “Aturuxos” de ZELTIA IGLESIAS RODRíGUEZ do IES do SAR de Santiago.
3º Premio, pola foto “Grandes los dos” de FLORENTINO BAZ da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV).
Tamén se concederon diversos accésit e unha bolsa de estudos.
Neste enlace tedes máis información: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO




Zeltia Iglesias Rodríguez
A foto da nosa alumna Zeltia

22 de abril de 2015

MORREN GÜNTER GRASS E EDUARDO GALEANO


Europa e América perden dous dos seus grandes talentos literarios.

En Eduardo Galeano conviven o xornalismo, o ensaio e a narrativa, sendo por riba de todo un cronista do seu tempo, certeiro e valente, que retratou con agudeza a sociedade contemporánea, penetrando nas súas lacras e nos seus fantasmas cotiás. O xornalismo vertebra a súa obra de maneira prioritaria, de tal xeito que non é posible deslindar a súa labor literaria da súa faceta como xornalista comprometido.
Iniciouse no xornalismo aos catorce anos, no semanario socialista El Sol, no que publicaba debuxos e caricaturas políticas que asinaba como "Gius".
En 1973 exíliase na Arxentina, onde fundou a revista Crisis e en 1976 continuou o seu exilio en España. Voltou ao Uruguai en 1985. Desde ese ano reside  no seu Montevideo natal, onde segue a facer a súa literatura e xornalismo de marcados tintes políticos, ata este ano 2015, no que falece aos 74 anos.
Con Las Venas Abiertas de América Latina (1971) conseguiu a súa obra máis popular e citada, condenando a opresión dun continente en páxinas brutalmente esclarecedoras, que escaravellan na amargura crecente e endémica de América Latina. Esta obra ten sido traducida a dezaoito idiomas e mereceu múltiples eloxios desde diversos sectores. O escritor alemán Heinrich Böll, Premio Nobel de Literatura en 1972 e autor de Opinións dun payaso, obra clave da literatura contemporánea, chegou a expresar, a propósito da obra de Galeano, que poucas obras nos últimos tempos o tiñan conmovido tanto.


Gunter Wilhelm Grass naceu en Danzig (Alemaña) o 16 de outubro de 1927. Estudou arte en Berlín e en Düsseldorf e con posterioridade formou parte do Grupo 47, conxunto de intelectuais renovadores da literatura alemá. O seu primeiro gran trunfo como novelista chegou coa publicación de O tambor de folla de lata (1959). A historia de Oskar Matzerath, o neno que se nega a medrar como protesta contra as crueldades do pasado alemán, convertiuse nun tremendo éxito crítico e comercial en todo o mundo. Nos anos sesenta, Grass escribiría outras dúas novelas que, xunto coa anterior, forman a denominada triloxía de Danzig: O gato e o rato (1961) e Anos de can (1963). A súa literatura posterior inclúe títulos como O rodaballo (1977) ou as súas memorias Pelando a cebola (2007). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1999. Falece neste mes dos libros de 2015.

20 de abril de 2015

O Corpo humano a través das Señoritas D´Avignon

El pasado 23 de Marzo tuvo lugar la inauguración de la exposición: “O Corpo humano a través das Señoritas de D′Avignon” en el Centro sociocultural y juvenil "O Ensanche", en Frei Rosendo Salvado de Santiago de Compostela.
Organizada por el Departamento de Dibujo del IES de Sar y el Departamento de Xuventude del Ayuntamiento de Santiago. Dicha exposición presenta trabajos realizados por alumnado del Bachillerato de Artes durante el curso “Introdución á figura humana a través das Señoritas de D′Avignon” impartido por Xoti de Luis.
En el acto de inauguración se hizo entrega de un diploma acreditativo expedido por el Ilmo. Concello de Santiago de Compostela a los participantes:
Aitor Álvarez Hermida
Alicia Calviño García
Esperanza García Ponte
Julia Leis Lap
Tamara Pena Varela
Álvaro Ramos García
Javier Santos Ferreiro
Isabel Ventura Louro
María de la Fuente Seoane

Invitación a la exposición
Recorte de la reseña en La Voz











19 de abril de 2015

O UNIVERSO ONÍRICO DE SERGEI ISUPOV

Sergei Isupov naceu en Stravrapole (Rusia) en 1963. Hoxe reside nos Estados Unidos. A súa pintura cerámica parece un soño, creando un rico universo onírico que nos fai lembrar a artistas como Salvador Dalí ou a Max Ernst.