25 de febreiro de 2015

AS NOSAS ROSALÍAS 2015

Google dedicoulle o martes 24 de febreiro unha homenaxe en forma de 'doodle' á gran autora das Letras Galegas, Rosalía de Castro, que naceu en Santiago de Compostela ese mesmo día do ano 1837.
O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes, na materia de Técnicas Gráfico-Plásticas, recrearon a figura da matriarca da nosa literatura, con diversas técnicas, para lembrar o seu nacemento.





2 de febreiro de 2015

AS ESCULTURAS FLOTANTES DE DAVID OLIVEIRA

David Oliveira é un artista que crea esculturas de arame como debuxos no espazo. O seu traballo é un engano. Á primeira vista, parecen ilustracións de tinta pero, na realidade, é un traballo de esculturas suspendidas no aire, polo detalle con que o artista elabora as súas pezas.
Graduado en Escultura pola Facultade de Belas Artes de Lisboa, desde 2005 Oliveira presentou o seu traballo de forma individual e con outros artistas. Enrolando, cortando e xirando arames, Oliveira explora a idea entre liña e espazo. Este último xoga un papel importante, pois as súas esculturas tridimensionais, que aparentan non ocupar ese espazo, son o que caracteriza a obra do artista.