30 de xaneiro de 2015

A PAZ 2015, AS GRÚAS E A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Este ano queremos representar as grúas, que simbolizan a paz en Oriente, como escusa para practicar coas aves na técnica de acuarela, na materia de Técnicas Gráfico Plásticas de 2º de Bacharelato.
Tamén quedemos render unha pequena homenaxe á "Liberdade de Expresión" de Charlie Hebdo, que é un semanario satírico francés de esquerdas fundado en 1992.
O alumnado tamén fixo en papel (técnica de papiroflexia) grúas que deron tridimensionalidade á exposición. Esta completouse cunha árbore simbólica dos desexos, ideas ou pensamentos que escribiu toda a comunidade educativa durante distintos cursos.
Tampouco nos esquecemos nesta data de lembrar a morte da figura de Gandhi, gran defensor da Paz.
No pasado 2014, a moza Malala, de 17 anos, levou o premio Nobel da Paz por defender a educación das rapazas fronte aos talibáns.























A LENDA DE SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS


Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se construies mil grúas de papel. Este feito de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas víctimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.


Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando Sadako estaba no hospital recuperándose de súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel, os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas. É así como Sadako para curarse da súa terrible enfermidade propúxose construir por sí mesma 1.000 grúas de papel. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira plegar 644 grúas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas coa esperanza de que  conseguira a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua cunha grúa nas súas mans. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.

28 de xaneiro de 2015

AS ILUSIÓNS ÓPTICAS DE RIUSURE FUKAHORI


O artista xaponés Riusuke Fukahori naceu en 1973 e ten unha interesantísima técnica coa que elabora as súas obras: debuxos de peixes que se converten en cadros hiperrealistas, pintados sobre superficies tan distintas como madeira, vasos de plástico, cazos ou mesmo baldosas rotas. Mediante pinturas acrílicas e resina transparente consegue enganar ao ollo humano.
O tipo de técnica que executa Fukahori é comparable ao proceso das impresoras 3D. Con serenidade e perseverancia, Riusuke pinta os goldfish  intercalando entre cada man de pintura unha película de resina. Deste xeito obtén un efecto tridimensional que achega realismo tanto á auga como ao volume dos peixes. E namentres, este artista recoñece estar descubríndose cada vez que utiliza o pincel, coma se entrase nun estado de profunda meditación.







26 de xaneiro de 2015

PERSPECTIVAS "POR UN TUBO" DE ANASTASSIA ELÍAS

Anastassia xoga coa perspectiva que lle dá o propio tubo de cartón e crea unha morea de escenarios, cun detalle e coidado sorprendentes.
Ela corta en papel siluetas pequenas que logo pega á parte interior do rolo de papel hixiénico. Utiliza pinzas para facelo. Usa a mesma cor que o rolo de papel. Deste xeito conséguese a ilusión de que as pequenas figuras de papel son parte dos eventos.
A inventiva, o enxeño e a arte, entre outros factores, fan posible que un rolo de papel usado teña máis vida útil da que se cría  nun principio. Facémoslle un favor ao medio ambiente e tamén nolo facemos a nós mesmos, porque facemos que abrolle a nosa creatividade e supón tamén un xeito de reinventarnos.
Aquí a súa publicación





22 de xaneiro de 2015

EL ARTE DE VOLAR


Título: El arte de volar
Autores: Antoni Altarriba (texto) Kim (dibujos)
Editorial: Edicions de Ponent
Texto: Castellano

El 4 de mayo de 2001 el padre de Antonio Altarriba se suicidó. De esa manera ponía fin a una vida marcada por el fracaso y la frustración. Al igual que otros muchos hombres y mujeres del pasado siglo intentó construir un mundo más justo y la Historia le dio la espalda, quiso volar con las alas de la ilusión y acabó estrellándose. Se trata de una gran cónica del siglo XX y de un despiadado retrato de la condición humana en el que todos nos encontramos representados.
Con este material Antonio Altarriba elabora un guión desgarrado en el que se implica profundamente. Y junto con Kim, que lo pone en imágenes con un estilo único, construyen una historia vibrante en la que padecimientos y atrocidades no impiden que el amor y el humor ocupen un lugar importante.
La obra, inesperada y sorpendente, lleva un paso más lejos la capacidad expresiva del medio y se convierte en un hito que marca la madurez de la historieta como una narrativa adulta.
(Texto de Antonio Martín)

14 de xaneiro de 2015

INÉS DE CASTRO: REINAR OU MORRER


Unha biografía posible de INÉS DE CASTRO:

1320/1325? - A Baixa Limia (Ourense)? / Monforte de Lemos (Lugo)? - Coimbra

Na bibliografía consultada non hai concordancia acerca do lugar e datas de nacemento de Inés de Castro. Xa fose na Baixa Limia ou en Monforte de Lemos, en 1320 ou en 1325, Inés é filla natural de Pedro Fernández de Castro e Aldonza Soares de Valladares, e pasa a súa nenez no Castelo de Peñafiel (Valladolid) co seu tío Don Juan Manuel e a súa prima Constanza .

Co tempo, Constanza será requirida para casar na Corte portuguesa co infante Pedro I, fillo do Rei Afonso e primo segundo de Inés. Para cumprir o requirimento Constanza e Inés, como a súa dama de Compañía, parten para Portugal en 1340. Conta a lenda que Inés e Pedro o Infante fican engaiolados un do outro con só se coñecer, e inician a súa historia de amor. Esta relación, desde o comezo, vai contar coa firme oposición do Rei Afonso e da Raíña Beatriz que chegan a desterrar a Inés en varias ocasións.

En 1345, Constanza morre no parto do seu terceiro fillo. Neste momento, Inés mora desterrada en Alburquerque e Pedro reclama a súa volta a Coimbra. A parella instalase no entorno do convento de Santa Clara e terán catro fillos: os infantes Afonso (que morrerá ao pouco de nacer), Joao, Dinís e Beatriz.
.
Como xa se indicou, a convivencia da parella verase perturbada pola continua oposición dos reis de Portugal ante as intrigas dos irmáns de Inés; Alvar e Fernán Pires de Castro, quen pretenden achegar os destinos da coroa portuguesa aos intereses casteláns.

O Rei Afonso, influído polos conselleiros Pero Coelho, Álvaro Gonçalves e Diego Lopes Pacheco, ameaza de morte a Inés, e recoméndalle o afastamento de Coimbra. Inés desatende a ameaza. No castelo de Montemor-o-Velho, decrétase o seu axustizamento, e finalmente o 7 de xaneiro de 1355, ante a presenza dos seus fillos, Inés é degolada no xardín da Quinta polos conselleiros do rei.

En 1357, morre o rei Afonso, e Pedro herda o trono. O rei proponse vingar a morte de Inés. Sabedores disto, os asasinos foxen a Castela. Pedro I negocia co rei castelán o troco das súas vidas polas doutros refuxiados en Portugal. Diego Lopes Pacheco fuxe a Francia e refúxiase na corte de Avignon. Álvaro Gonçalves e Pero Coelho son apresados e no palacio de Santarém, Pedro I executa a súa morte: cóntase que nun banquete de festa, o verdugo arríncalle o corazón ao primeiro polas costas, e ao segundo polo peito.

En 1360, Pedro I xura a declaración de Cantanhede, na que afirma que un ano antes Inés e máis el foran desposados en secreto. A historiografía cuestiona esta afirmación, porque Pedro e Inés eran primos e nestes casos, para que o matrimonio acadase validez, precisábase dunha bula papal da que non se ten constancia. Inda así, coa firma da citada declaración outorgábaselle á xa finada Inés de Castro o rango de raíña.

Pedro determinou esculpir un túmulo funerario para Inés no Mosteiro da Alcobaça. Cando este foi rematado, ordenou trasladar o corpo da amada, en comitiva real, desde Coimbra ata a nova sepultura. A peregrinase no camiño ata Alcobaça foi iluminada por multitude de fachos en sinal de honra para a raíña Inés.

A figura de Inés foi motivo de recreación e lenda ao longo da historia. A través dos textos de Camoes, chegou a imaxe mítica na que Pedro I ordena á nobreza beixar a man de Inés morta, vestida con galanuras de raíña como símbolo de fidelidade e vasalaxe, antes do seu soterramento.

Co tempo, Pedro ordena esculpir o que será o seu propio túmulo na Alcobaça. Coa súa morte en 1367, procedeuse a colocar ambos túmulos pés contra pés, para que, na resurrección tras o Xuízo Final, o primeiro que visen, home e muller, fose o rostro un do outro.

A historia e lenda de Inés de Castro e de Pedro I de Portugal segue a ser fonte de inspiración artística e literaria e punto de encontro entre Galicia e Portugal.

Alicia Díaz Balado (Fonte: Consello da Cultura Galega)


Unha recreación literaria da súa vida:

El sueño

Me acuerdo del día en que llegaron al convento. Inés y Pedro vivían con una nueva sensación de libertad que les había dado la muerte de Constanza, la antigua mujer de Pedro y hermana de Inés. Por fin podían gozar en su totalidad con el amor que habían iniciado a hurtadillas en Portugal, y que rápidamente puso en alerta al rey Afonso y a su esposa Beatriz.

El carruaje en el que llegaron era grande y hermoso, casi tan hermoso como el vestido que lucía Inés, que estaba adornado con unas vivas flores que podían reflejar el bello momento que estaba viviendo la pareja. Él vestía con sus ropajes de gala oscuros, que siempre llevaba en las grandes fiestas o días importantes, y que maravillaban a todo el mundo. Todo aquel que viera a esta pareja sentiría algo de celos.

Bajaron del carruaje y fueron recibidos por la abadesa del convento, que les saludó respetuosamente y los llevó al interior del edificio. Fue en ese momento cuando pude apreciar de cerca la belleza que desprendía Inés. En su rostro pude observar la felicidad que produce el amor correspondido; de hecho, por momentos llegué a sentir una pizca de envidia mezclada con curiosidad, pues yo, como monja de clausura, nunca pude sentir lo que estaba sintiendo aquella hermosa mujer en esos momentos.

La madre superiora me puso al cargo de la cocina aquel día. Debía preparar un banquete por todo lo alto. No podía ser menos, ya que era un momento muy importante. Y vaya si lo fue.

Mientras yo preparaba con sumo cuidado los postres que cerrarían la cena, escuché ruidos extraños en el almacén de la comida. Algo atemorizada, cogí un cuchillo y me acerqué al almacén, que tenía la puerta semiabierta, para ver qué pasaba dentro. No sé muy bien por qué cogí aquel cuchillo. Lo más lógico sería la presencia de alguna de las hermanas cogiendo comida o alguna rata que se coló en el almacén. Pero mi sorpresa no pudo ser mayor, pues los que estaban allí eran Inés y Pedro.

Él acariciaba las mejillas de Inés y posó sus manos en los blancos pómulos de ella para fundirse en un intenso beso. Mientras, ella introducía las manos dentro de sus ropajes que, segundos después, acabaron en el suelo frío. La pareja estaba consumando su amor ante mis propios ojos y no pude desprender la mirada de aquel acalorado acto. Por unos instantes, Dios pasó a un segundo plano en mi cabeza y el escenario erótico en el que se encontraba la pareja ocupó la totalidad de mis pensamientos, abriendo un mundo de sensaciones que no había sentido hasta el momento.

Cuando desperté de aquel sueño quedé pálida, inmóvil, perpleja. Me alejé de la puerta, miré al suelo y vi que el crucifijo de la pared se había caído. No lo dudé, salí corriendo de aquel lugar, de aquella prisión. Por primera vez en mi vida había sentido una libertad que aquel día observé en la pareja.

Continué mi camino y desaparecí. Desperté de aquel sueño.

Iván Ulla Freire / 1º BACH. B

11 de xaneiro de 2015

EXPOSICIÓN DE LIBROS







 Damos as grazas pola "doazón" de novelas clásicas ou contemporáneas recibidas no curso pasado por particulares. E tamén neste curso 2014-15 por algunha enciclopedia.