Esta exposición xorde o curso pasado, logo de ter visitado a Fundación Granell o noso alumnado de Artes de 2º BACH. Cada alumno e alumna escolle un cadro que lle teña impactado por distintos motivos e reinterprétao nun contexto diferente con técnicas diversas: acuarela, témpera, acrílico, tintas, rotuladores, lapis, collage... Deste xeito, Granell transfórmase en cubista, puntillista, abstracto, artista pop...
Blog sobre literatura, libros, películas e actividades da Biblioteca do I.E.S. de Sar en Santiago de Compostela. En galego, castelán, inglés e francés.