26 de maio de 2014

Quino, o creador de Mafalda, Premio Príncipe de Asturias



O humorista gráfico Joaquín Salvador Lavado "Quino" (Mendoza, Arxentina, 1932), creador de "Mafalda", acadou na edición deste ano o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Precisamente neste ano celébrase o 50 aniversario da creación deste popular cómic, que ten sido traducido a máis de 30 idiomas e trasladado ao cine e á televisión.





TODO MAFALDA

Este libro recolle dende a primeira á última tira: máis de cincocentas páxinas con todas as tiras de Mafalda publicadas desde que naceu en 1964 ata a súa despedida, por cansazo de Quino, en 1973, onde podemos deleitarnos cos comentarios e ocorrencias desta nena precoz de 6 anos que reflicten as inquedanzas sociais e políticas dos anos 60, ou seus odios, entre os que se atopan a guerra, o racismo ou a inxustiza. Tamén as súas paixóns: os Beatles, a paz, os dereitos humanos e a democracia. Xunto a Mafalda, como pezas dun engrenaxe perfecto e con personalidades moi definidas, aparecen os seus inseparables compañeiros: Felipe: soñador, tímido, preguiceiro e despistado; Manolito: bruto, ambicioso e materialista, pero no fondo cun gran corazón ; Susanita: rexoubeira, con prexuízos, egoísta sen concesións e pelexadora de vocación; Miguelito: soñador como Felipe, aínda que algo máis egoísta e menos tímido e o seu irmán pequeño, Guille: típico representante da idade da inocencia, na que todo está por descubrirse. En 1970 incorporarase á tira un novo personaxe chamado "Libertad": unha meniña moi pequena no tamaño, clara metáfora do nome que leva, e cuns discursos cargados de retórica social.



18 de maio de 2014

18 de maio, Día Internacional dos Museos



O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo dende 1977, según  resolución  tomada na XII Asamblea Xeral do ICOM en Moscú. Cada ano é elixido un tema polo Consello Consultivo. O evento ofrece aos museos e aos seus profesionais a oportunidade de achegarse ao público e á sociedade e facerlles coñecer os cambios que os museos desenvolven, posto que son  “unha institución ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento”.



A comunidade museolóxica seleccionou como tema “Os vínculos creados polas coleccións dos museos” para celebrar o Día Internacional dos Museos en 2014, que pretende renovar os métodos tradicionais de participación que teñen implementado os museos para manter vivo o interese das persoas interesadas. Os museos estanse a enfrontar constantemente aos cambios na industria, que os obrigan a replantexar o seu compromiso tradicional e atopar novas formas para que os visitantes amosen interese por coleccións máis accesibles. No seu papel de relatores do patrimonio cultural e a memoria colectiva dunha comunidade, os museos contribúen de maneira importante ao desenvolvemento da sociedade, vinculando os visitantes cos diferentes tipos de coleccións.



O tema e o póster de 2014 resaltan a colaboración existente entre os museos do mundo, así como a súa importancia para os intercambios culturais e o coñecemento das culturas do mundo.

Neste enlace, animádevos a escoller entre os Museos de Compostela que podedes visitar.


16 de maio de 2014

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO, na véspera do seu Día das Letras Galegas


Nestes dous enlaces podedes ver dúas iniciativas ben interesantes sobre Xosé Mª Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Do CPI dos Dices de Rois, este singular Telexornal:
https://www.youtube.com/watch?v=JUdnBPTcLrg

E do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, esta versión musical dun dos seus textos:
https://www.youtube.com/watch?v=pB_CqdDIbgU

Parabéns polas dúas achegas.

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Carla Bautís E. e Alba Rodríguez M.
As actividades no centro serán o día 16 de maio cunha representación do alumnado e unha mesa redonda posteriormente. Organizado por EDL en colaboración coa Biblioteca e departamentos de Filosofía, Física e Química, Ling. e Literatura Española, Debuxo...
Fóra do centro o alumnado de TEGP de 2º de Bacharelato inaugurará unha exposición no CMUS con ilustracións sobre os poemas de Xº. Mª. Díaz Castro, Luisa Villalta, Amado Carvallo e Ricardo Carvallo.

Tedes máis información no Portal Galego da Língua, e no Facebook

Alba Rodríguez Martínez

Iria Matos Gato

Iago Martínez De Alegría Madera

Carla Bautís Estévez

Sofía Rodríguez Fernández





.

14 de maio de 2014

VISITA Á EXPOSICIÓN CARLOS MASIDE POLOS ALUMNOS DE 1º DA ESO

Os alumnos/as de 1º da ESO visitaron a exposición de Carlos Maside na Fundación Novagalicia Banco. Estiveron  acompañados pola profesora de Lingua e literatura Española e de EPV. A visita foi moi satifactoria e o alumnado aprendeu máis  cousas deste gran artista que foi un adiantado no seu tempo. A súa obra presenta elementos cubistas, expresionistas, fauvistas, influencia da estampa xaponesa...








12 de maio de 2014

Saga los Héroes del Olimpo

Los héroes del Olimpo es una saga de cinco novelas escritas por el autor estadounidense Rick Riordan.
Son las crónicas de las aventuras de siete semidioses (mitad humanos mitad dioses), mientras que compiten con el tiempo para evitar que la diosa de la tierra Gea despierte. La saga se basa en la Gigantomaquia de la mitología griega.
Una profecía dada en El último Héroe del Olimpo (último libro de una saga anterior de este mismo autor) describe los acontecimientos que tendrán lugar: Semidioses, hijos de mortales y dioses griegos, que viven en secreto en la era moderna y semidioses romanos, niños producidos de Dioses Romanos, son enemigos y han estados forzados a vivir separados. Ahora deben unirse para lograr derrotar a la diosa Gea y a sus Gigantes.
La profecía:
Siete mestizos deberán responder a la llamada,
Bajo el fuego o la tormenta, el mundo caerá,
Un juramento que mantener con un último aliento,
Y los enemigos en armas frente a las Puertas de la Muerte.
Los siete semidioses de la profecía son: Percy Jackson, hijo de Poseidón, Annabeth Chase, hija de Atenea, Jason Grace, hijo de Júpiter, Piper McLean, hija de Afrodita, Leo Valdez, hijo de Hefesto, Hazel Levesque, hija de Plutón y Frank Zhang, hijo de Marte (también descendiente de Poseidón).
La serie está repleta de aventuras y acción, luchas contra impresionantes enemigos, también una pizca del humor y una pincelada de amor entre los jóvenes semidioses.

LIBRO 1: EL HÉROE PERDIDO
Editorial: MONTENA
Lengua: Castellano
Nº de Páginas: 486
Tres semidioses. Una profecía. Y sólo cuatro días para logar lo imposible.Cuando Jason despierta, sabe que algo va muy mal. Está en un autobús camino de un campamento para chicos problemáticos. Y le acompañan Piper (un muchacha bastante guapa que dice que es su novia) y el que parece ser su mejor amigo, Leo... Pero él no recuerda nada: ni quién es ni cómo ha llegado allí. Pocas horas después, los tres descubrirán no solo que son hijos de los dioses del Olimpo, sino que además que su destino es cumplir una profecía de locos: liberar a Hera, diosa de la furia, de las garras de un enemigo que lleva mucho tiempo planeando su venganza...


LIBRO 2: EL HIJO DE NEPTUNO
Editorial: MONTENA
Lengua: Castellano
Nº de Páginas: 464
Tres amigos, una misión de locos y un enemigo con poderes sobrehumanos.
¿A qué juegan los dioses del Olimpo? Gea, la madre Tierra, está despertando a un ejército de monsturos para acabar con la humanidad... y ellos se entretienen mareando a los semidioses, los únicos que pueden derrotar sus perversos planes. Ahora han mandado a Percy al campamento Júpiter casi sin recuersos y con la inquietante sensación de que él, el griego, es el enemigo. Por suerte, contará con el apoyo de Hazel, una chica nacida hace más de ochenta años, y de Frank, un muchacho que todavía no sabe muy bien cuáles son sus poderes (ni si los tiene).



LIBRO 3: LA MARCA DE ATENEA
Editorial: MONTENA
Lengua: Castellano
Nº de Páginas: 512
Juntos deberán emprender una peligrosa expedición para liberar a Tánatos, el dios de la muerte, de las garras de un gigante. Una lucha milenaria. Siete adolescentes en apuros. Y el fin del mundo a la vuelta de la esquina. El destino de la humanidad pende de un hilo: Gea, la madre Tierra, ha abierto de par en par las Puertas de la Muerte para liberar a sus despiadados monstruos. Los únicos que pueden cerrarlas son Percy, Jason, Piper, Hazel, Frank, Leo y Annabeth, el equipo de semidioses griegos y romanos elegidos por una antigua profecía. Pero su misión es todavía más difícil de lo que parece: sospechan que para encontrar las puertas deberán cruzar el océano, tienen solo seis días para conseguirlo y, por si fuera poco, acaba de estallar la guerra entre sus dos campamentos y ahora ellos son un objetivo...¿Lograrán ganar esta carrera de obstáculos contrarreloj?