24 de febreiro de 2014

AS NOSAS ROSALÍAS

Para esta data tan significativa, 24 de febreiro, a do nacemento dunha das figuras femininas máis representativas da nosa poesía, Rosalía de Castro, os alumnos/as de de 2º de Bacharelato, na materia de Técnicas Gráfico Plásticas, deron a súa visión particular dela.Utilizaron o recurso técnico dos patróns, mesturado con técnicas de salpicados ou soprados con acrílicos, témperas, tintas ou acuarelas; tamén técnicas secas como rotuladores ou pasteis. A pintura acrílica nalgún traballo é usada con textura e carga matérica.
Tamén o Equipo de Dinamización Lingüística conxuntamente coa Biblioteca e Vicedirección realizaron unha actividade na materia de galego que consistía en recrear os versos de Rosalía.O alumnado escolleu ben debuxos, fotos...para recrear os seus versos e actualizalos.


















23 de febreiro de 2014

O GARAXE HERMÉTICO: Primeira escola galega de Banda Deseñada e Ilustración


A primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, está no seu segundo curso, consolidando en pouco tempo un proxecto académico que ten como obxectivo formar
profesionais que poidan publicar os seus traballos. O seu director, Kiko da Silva, é debuxante e ilustrador, así como colaborador de La Voz de Galicia, y ten posto todo o seu esforzo e empeño neste centro, convertido xa nun referente nacional como alternativa a outras escolas de Madrid e Barcelona, que ata agora eran a única opción formativa.
A escola atópase en Pontevedra, cunhas instalacións de 220 m². Os alumnos non reciben unha titulación oficial, mais o importante, segundo da Silva, é que sairán do centro coñecendo unha profesión que cualifica de apaixonante: "non me importa non ter titulación oficial porque, ao final, un título nesta profesión non
implica absolutamente nada; o que van valorar é o teu traballo e se es profesional".
Alumnos das máis diversas procedencias (Asturias, Portugal, A Coruña, Vigo, Tui, Ourense ou Santiago) teñen apostado por O Garaxe, atraídos por unha metodoloxía pensada para facerse profesionais da banda deseñada e da ilustración. Sendo sabedores, ademais, de que todos os profesores que lles dan clase (o propio Kiko, Fernando Iglesias Kohell, Fran Bueno e Miguel Porto) son creadores en activo
de Banda Deseñada e viven diso. Antes de maio, cada alumno producirá unhas corenta páxinas de banda deseñada e terá contacto directo en master classes con editores.
O Garaxe Hermético é un proxecto moi persoal que naceu nun momento complicado para poñer en marcha novas iniciativas.
Para Kiko da Silva priorizáronse aspectos como a ilusión en desenvolver o sector en Galicia, desde a casa, e con vocación de poder exportar banda deseñada galaica ao mundo. Empeza a haber editoriais que editan banda deseñada, hai editoriais tradicionais como Galaxia, Xerais ou Kalandraka que xa fan colección de banda deseñada, pero quedaba a formación. Isto nace por un motivo básico, que é poder ensinar este oficio desde un punto de vista profesional.
Ademais, O Garaxe Hermético conta coas colaboracións permanentes de Miguel Anxo Prado e os seus seminarios de 'banda deseñada'.

21 de febreiro de 2014

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

No Día da Lingua Materna declarado pola Unesco o 21 de febreiro, conxuntamente o Equipo de Dinamización Lingüística , Vicedirección e a Biblioteca pedíronlle a todos os membros da comunidade educativa que escribisen a súa palabra favorita.Esta iniciativa tivo moito éxito.Algúns tamén a debuxaron.  http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_la_Lengua_Materna



Día Internacional da Lingua Materna 2014



Un ano máis, a Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística súmanse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna. Unha celebración que busca lembrarnos o valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan, para asegurar a diversidade cultural, contribuír ao coñecemento humano e potenciar a participación de todas as persoas na construción de sociedades democráticas.

Cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.

A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica.

Mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día Internacional da Lingua Matern

Fin de semana de feiras

Esta fin de semana, Madrid acolle diferentes propostas de arte contemporánea:

ARCOmadrid 2014 é unha Feira onde comparten espazo tanto profesionais da arte contemporánea como afeccionados e público en xeral con iniciativas adecuadas aos seus intereses. Nas dúas primeiras xornadas -19 e 20 de febreiro-, dedicadas aos coleccionistas, comisarios, directores de museos, bienais e centros de arte, a Feira é o mellor punto de encontro e espazo para o intercambio de proxectos.

A Galería de Cristal do Palacio de Cibeles será o escenario da 9º edición de ArtMadrid, que terá lugar do 19 ao 23 de febreiro de 2014. O Palacio de Cibeles atópase no eixo principal do Paseo del Arte de Madrid, xunto ao Museo do Prado, o Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
A nova sede, cos seus 2.800 m², acollerá a 43 galerías de arte contemporánea, arte emerxente e vangardas históricas, que se repartirán entre o Programa Xeral e One Project.
O programa de Novos Coleccionistas seleccionará, entre outras actividades, pezas de prezos económicos que estarán sinaladas cun distintivo.
As redes sociais terán un papel fundamental grazas a bloggers e ás accións 2.0, proporcionando unha nova dimensión respecto da relación do público coa arte.

Quinta edición da Feira de Arte Emerxente JUSTMAD5, que se celebrará do 19 ao 23 de febreiro de 2014. Sede COAM. R/Hortaleza,63.
Esta nova edición de JUSTMAD5 suporá un cambio de estratexia respecto a edicións anteriores: será una feira máis arriscada e experimental, dedicada por completo á arte emerxente nacional e internacional, ao up & coming,pero tamén á arte que se está consolidando agora mesmo, que oferte un panorama de galerías e artistas representativos da creación actual e dos novos xeitos nos que opera a arte, buscando un compromiso radical coa excelencia nos camiños estéticos e conceptuais que marcan a realidade da arte contemporánea hoxe.

20 de febreiro de 2014

17 de febreiro de 2014

ESTÁS EN LA LUNA

Autora: Carmen Montalbán
Ilustracións: Piar Millán
Editorial: Kalandraka
Idioma: Castelán
Páxinas: 108

Baraka é unha nena de 12 anos que vive no Sáhara, con ela viven a súa nai e a súa tía, e tamén a avoa Bahía. As paredes da súa casa non están feitas de ladrillo, nin de pedra, nin sequera de madeira. As paredes da súa casa son de lona, porque vive no deserto. Ás veces a súa avoa cóntalle como era a súa antiga vivenda: unha casiña de paredes brancas e radiantes á beira dun mar azul. Pero a avoa de Baraka comeza a perder a memoria, e con ela vanse os recordos da súa vida...

16 de febreiro de 2014

A ESPIGADA CAFETEIRA ITALIANA ESTÁ DE 80 ANIVERSARIO

A cafeteira italiana fai 80 anos en 2013. É tamén coñecida como cafeteira moka ou macchinetta. Continúa a ser a maneira máis económica e sinxela de preparar un bo expresso. Dende que en 1933 a inventara o italiano Alfonso Bialetti (aínda que a patentou Luigi de Ponti no seu nome), pese ás imitacións, a orixinal sempre será a de Bialetti, co seu Omino coi Baffi (homiño co bigote) serigrafado nun dos seus laterais. O deseño da cafeteira italiana inspirouse no dunha lavadora primitiva coñecida como “lisciveuse”, unha especie de ola xigante na que se quentaba a auga xunto coa roupa e o xabón. Esa ola tiña tamén unha pipeta no centro que facía que, ao ferver a auga, esta subira pola pipeta, vertendo o xabón de novo sobre a roupa, no que poderiamos chamar un ciclo de lavado. Dende o IES de SAR, os alumnos/as de 2º BACH. de Artes do curso 2013-14 (Técnicas Gráfico Plásticas) fixéronlle unha pequena homenaxe interpretándoa en distintos estilos e con técnicas secas, collage...

















10 de febreiro de 2014

GRAN INICIATIVA

Queremos daros noticia de la estupenda iniciativa que ha tenido la Red Municipal de Bibliotecas Sevillanas.
En su página web podéis descargaros, de forma totalmente legal y gratuíta, unos 1800 ebooks. En los próximos meses se les unirán otros 1500 títulos dado el tremendo éxito de descargas, cerca de 80.000 en los dos últimos meses.

7 de febreiro de 2014

AS MODESTAS PRANCHAS

As orixes da prancha son remotas. No s. IV a.C., os gregos usaban unha barra de ferro cilíndrica quentada, parecida a un rolo de amasar, que se pasaba sobre as roupas de liño para marcar os pregues. Dous séculos máis tarde, os romanos xa pasaban o ferro e pregaban cun mazo plano, metálico, que literalmente martelaba as engurras.
Tamén as empregaban os chineses no século IV para alisar a seda.Tratábase duns recipientes de latón con mango, no interior dos cales colocábase unha cantidade de brasas con cuxo calor se quitaban as engurras do tecido. Despois, houbo pranchas de pedra, de mármore, de vidro, ocas que levaban carbón quente no seu interior e de metal, que se quentaban nun fogón... O 6 de xuño de 1882, o estadounidense Henry W. Seely inventou e patentou a primeira prancha eléctrica, aínda que nese momento non estaban instaladas as redes eléctricas nos fogares. En 1924, Joseph W. Myers inventou a prancha eléctrica de termóstato.Os alumnos/as do IES de SAR de 2º de BACH.de Artes (2013-14) na materia de Técnicas Gráfico Plásticas fixeron as seguintes interpretacións con técnicas secas e collage.