27 de novembro de 2013

¿BAILAMOS?


¿Bailamos? por dm_523e02e4c6a97
El primer vídeo de JAF Producciones.
El propósito de este vídeo es recordar a los padres sumergidos en una dinámica cultural de trabajo y consumo, que los niños son niños, y que deben jugar y disfrutar su niñez y apoyarlos en sus metas y sus sueños y, por supuesto, jugar con ellos. La obsesión por procurarles lo mejor, nos puede cegar y hacernos olvidar las cosas que dan sentido a nuestra vida, transmitiéndoselo también a ellos.

Licencia Creative Commons. Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 
CC BY-NC-SA

Cinco cuentos sobre Velázquez


Autores: Eliacer Cansino/ Joam Manuel Gisbert/ Xosé A. Neira Cruz/ Daniel Nesquens/ Xabier P. DoCampo.
Idioma: Castelán
Editorial: Oxford
Páxinas: 141

Cinco recoñecidos escritores recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez, e convérteno en pano de fondo de peripecias moi distintas.
No conto sobre o” Aguador de Sevilla” atopámonos cun mozo pintor atormentado. No da Sibila con tabula rasa, a un copista que recibirá o encargo máis sorprendente da súa vida. No das fiandeiras, o narrador reflexionará sobre o feito mesmo da escritura. Así ata cinco historias dunha gran calidade literaria que sorprenderán ao lector.

25 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO (2013) , DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

2º de Bac. de Artes do IES de SAR


2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

1º da ESO do IES de SAR

Perigoso retroceso
A violencia machista aumenta entre os mozos, mentres as novas tecnoloxías se converten nunha ferramenta de control .
Críase que o machismo era cousa dun pasado patriarcal e os estereotipos de xénero, unha rémora en fase de superación. Pero un estudo realizado por investigadores da Universidade Complutense puxo de relevo que están moi vivos entre os adolescentes e, o que é peor, medrando.
O 10,5% das rapazas de 14 a 19 anos recoñecen que foron maltratadas polos seus noivos, fronte ao 9,6% rexistrado polo mesmo estudo en 2010. Pero a enquisa revela tamén que moitas rapazas non identifican como maltrato condutas que evidentemente o son. Así, un 6,2% das rapazas din verse obrigadas a prácticas sexuais que non desexaban, un 14,6% foron ameazadas polas súas parellas ata sentir medo e un 23,2% foron insultadas e ridiculizadas.
Os estereotipos seguen tamén aí, cunha prevalencia que sorprende e que debería levarnos a preguntarnos que se está a facer mal na educación dos valores en España. Por exemplo, un preocupante 36,3% dos adolescentes pensa que os celos son unha expresión de amor, e o 11,7% dos rapaces cren que está ben que os homes saian con moitas rapazas, pero non ao revés. En case todos os apartados se observa un aumento respecto a 2010. Logo retrocedemos.
E nese retroceso, os novos machistas atoparon nas novas tecnoloxías, que tanto nos facilitan a vida e a comunicación, unha ferramenta para exercer o seu dominio. Unha de cada catro rapazas afirma que o seu noivo a controla a través do móbil. Hai moitas formas de facelo, dende a sutil "envíame un WhatsApp cando chegues", á moi intrusiva "faime un videochamada" ou "pon o localizador", signo inequívoco dunha obsesión por controlala que pode pagar cara.
O estudo revela ata que punto as rapazas seguen sendo vítimas dunha idea romántica do amor que as leva a confiar na súa parella ata o punto de darlle as súas claves de acceso ás redes ou enviarlle fotos que, cando a relación se torce, son utilizadas para martirizalas.
Está claro que a prevención da violencia de xénero debe empezar pola educación, pero non parece que a LOMCE a teña como prioridade. Unha materia que podería ser idónea para tratar esta cuestión, como Educación para a Cidadanía, desapareceu.

O ACENTO EL PAÍS20 NOV 2013 (traducido ao galego)

20 de novembro de 2013

PREMIO KALANDRAKA A MARIANA RUÍZ JOHNSON


O pasado xoves 7 de novembro asistimos a conferencia da gañadora do VI Premio Internacional Compostela de  Álbum Ilustrado, na súa edición de 2013, que convoca anualmente o Concello de Santiago (representado por Beatriz Varela), xunto coa editorial Kalandraka (representada por Xosé Ballesteros).
Este ano recaeu en Mariana Ruiz Johnson, nada en Buenos Aires en 1984, coa obra Mamá,como autora integral das ilustracións e texto.
Á conferencia asistiu alumnado de 1º e 2º curso de bacharelato de Artes.
A creadora do libro fíxonos un percorrido polos seus comezos. Asistiu dous anos ao taller de literatura infantil e xuvenil de Susana Cazenave. No ano 2005 formouse como ilustradora na escola de arte Sótano Blanco co mestre José Sanabria.
Tamén estudou cos ilustradores Saúl Óscar Rojas, Claudia
Legnazzi e "workshops" en Italia cos ilustradores Svetlan Junacovic (Sarmade Escola de Ilustración) e Gianni de Conno (Mimaster Illustrazione, Milán).
Na actualidade coordina o taller de ilustración infantil Procesos creativos na escola de arte Sótano Blanco e seminarios de técnicas. Está cursando as últimas materias da Licenciatura en Artes Visuais na IUNA.
Mariana ofreceunos logo un repaso polo proceso de creación deste libro e por outros anteriores como Los Colores y yo, Irupé y Yaguareté (
finalista no premio do Fondo de Cultura Económica), J`ai un ours... Nos primeiros temposas ilustracións traballábaas con técnicas tradicionais (acuarela, rotulador,...), máis tarde con técnicas mixtas e, por último, con dixitais, debido a factores externos como o nacemento do seu fillo que foi a orixe do libro premiado.
O alumnado estivo atento e preguntoulle aquelas cousas que lle chamaron a atención ou as saídas da
súa profesión. Mariana sempre disposta e próxima respondeulle moi sincera, aconsellándolle que traballasen, que non renunciasen aos seus soños e que se presentasen aos concursos.
Na obra Mamá o xurado destacou "a vitalidade, a forza e o manexo da cor dun libro que traballa un
tema universal e especialmente próximo ao mundo da infancia "E tamén eloxiou " o pequeno e logrado
homenaxe que fai a grandes figuras da historia da pintura como Frida Khalo ou Paul Klee.
Moitos parabéns!. E que non deixe de crear libros tan fermosos.
           




Entrega do premio no blog de Kalandraka
Actividade no I.E.S. de Sar no blog de Kalandraka

15 de novembro de 2013

MIGUELANXO PRADO, PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2012



A cultura galega recibe un recoñecemento máis polo talento dos seus artistas.
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) acada, con Ardalén, o Premio Nacional de Cómic 2012.
Publicado en galego pola editora compostelá El patito editorial, tedes noticia deste fallo no enlace do diario EL PAIS

13 de novembro de 2013

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013



Por primeira vez na historia da literatura galega, recae nun libro de poesía escrito na nosa lingua o Premio Nacional de Poesía que concede anualmente o Ministerio de Educación e Cultura.
Manuel Álvarez Torneiro é un deses escritores que prefiren vivir afastados das luces mediáticas da literatura para traballar con discreción dende a altura dos seus 81 anos.
Xa nas súas orixes como escritor daba a entender que non sería un autor que pretendera o éxito doado nin o recoñecemento unánime.
Publica o seu primeiro libro con 50 anos, Memoria dun silencio (1982), salientando nel toda a crítica literaria os moitos méritos que atesouraba a súa voz, e que habían ir dando froitos nas tres décadas posteriores.
Con Os ángulos da brasa (2012) recibe un recoñecemento que nunca antes tiña recibido un libro de poesía escrito en galego, aínda que as nosas letras xa tiñan sido prestixiadas con este premio nos nomes de Manuel Rivas, Suso de Toro e Alfredo Conde no xénero narrativo.





OS PRODUCTOS DO OUTONO


As formas redondeadas e alongadas invadiron o noso centro con cores sanguina, terras, laranxas e tamén en grises coas técnicas secas de grafito, carbón, sanguina, cretas... Os alumnos/as de 2º de Bacharelato de Artes interpretaron deste xeito estas formas tan suxerentes.
Tamén podemos elaborar moitos pratos con estes produtos como cremas de cabaza, puré de castaña, pastel de castañas...Deste xeito saboreamos un pouco o outono.
     

     


8 de novembro de 2013

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

O pasado venres 8 de novembro os autores dos microrrelatos de terror fixeron unha lectura das súas obras na biblioteca. Creouse un ambente moi familiar e aínda que non estaban todos os participantes,  os gañadores das diferentes categorías  fixéronnos disfrutar dun recreo cheo de maxia e agasallos. Parabéns aos gañadores.

 Halloween Midnight
Someone knocked at my door; it was midnight in Halloween. My host family had left for a family reunion. I was home alone and I had a fever, so I didn´t go to the party. I got up, fixed my hair and run downstairs. Hoping it was a cheerleader, but it was a kid asking for trick or treat, I supposed. Because he just stared at me, without saying any word. He was wearing a long black dress, like his friends. “Candy is over, but If you want you can have my dog left over’s…” I said, ironically, but he didn´t reply or went away. I tried to grab my dog to scare them, but Bailey was afraid of them so she didn´t help. They came and made a line, they put me at the front. I couldn´t get away, there was like something magical among us. We moved across the forest in the snow, and we ended up at the high school somehow. They walked me into the school chapel and a ghost said: “Comeza a Misa das Ánimas”. I didn’t comprehend much. But Matt and Sydney came in without shirts, laughing and hugging. All my friends were making a fire pit at the parking lot. No one believed what happened, because I was the only one who could see these people. They thought I was drunk. At least I was safe.
                                                                               Julián González, 1º premio en lingua inglesa



 Reflejo de la Oscuridad
¿Cómo poder describir tal sensación? Cómo por su piel se abría a cada corte… cortes limpios que generaban pequeños ríos escarlata. ¿Cómo poder hacer llegar a vuestras mentes el sonido desesperado que salía por sus labios?
Tan dulce… como un pastel cuya guinda era ese momento en el que mi rostro se transformaba en un reguero de lágrimas y desconcierto, cómo si no supiese lo que estaba haciendo… Ese indicio a la locura cuyas palabras afiladas apuntaban que surgió tras los actos y palabras constantes de mi presa.
Tan bello, su rostro, en la cual se genera una sombra de culpabilidad…
Pobre ingenuo, tan solo es un juego en el que el perdedor desde el principio era él.
El filo de mi cuchillo no es lo que le hará más daño, si no su propia mente con la que es fácil jugar… esa es la idea. Que sufra al ver el monstruo que el mismo ha creado.
No es tan divertido estar al otro lado ¿verdad? Es más divertido cuando el cuchillo está en mi poder. Es más divertido escuchar tus patéticas disculpas.

                                                               Beatriz Pérez Lista, 1º  premio categoría bacharelato

 UNHA QUEDADA MOI RARA

Unha noite do mes de Outubro, aproximándose ás datas de Samaín, sucedeu algo que nunca imaxinara que podria ocorrer. Todo comenzou o vintesete de outubro cando iba para a escola. Atopeime cos meus amigos na porta do institutoe comentáronme se quedábamos para a tarde o que me pareaceu moi boa idea, así que quedamos nunha aldea moi preta de Santiago.
Ó sair do Instituto fun mirar nun mapa onde quedaba a aldea, pero non atopei nada nin no mapa nin en internet, así que lle preguntei aos meus pais se coñecían ese lugar, e nada de nada.Chamei aos meus amigos para que me exlicaran por donde quedaba. Cando xa me quedou claro comencei a dirixirme hacia a aldea, e polo camiño vin cousas moi estranas, e o que máis me chamou a atención e que non había ninguén na rúa. Non tardei moito en chegar a aldea, pero a miña srpresa foi que era unha aldea abandonada e os meus amigos non aparecían por ningún lado. Despois de moito esperar decidín volver a casa.
Ao día seguinte moi enfadado pregúnteilles aos meus amigos que pasara, como non apareceran na aldea, e con cara de asombro dinme “de que nos falas, nos non quedamos contigo en ningún lado”....que raro foi todo.
                                                        Alberto Mirás Neira, 1º premio categoría 1º ciclo da ESO




 Emeli y Sus Espíritus

Era una vez una chica llamada Emeli de 18 años que vivía  con su madre y su hermano. Su padre se había muerto cuando ella tenía 8 años. Siete años después de la muerte de su padre, su hermano mayor ,Steven,  se convirtió a la religión adventista y unos días después, su hermana Emeli enfermó. Estaba muy mal la llevaron al hospital y no le encontraron nada. Decían que eso se le pasaría, pero Emeli seguía igual. Por las noche estaba nerviosa asustada y no dormía bien. Un día, Emeli se volvió a despertar, tenia los ojos rojos y estaba como loca. Intento matar a su madre y ahorcar a su hermano. Emeli estaba incontrolable, luego se calmo. Pero al otro día volvió a pasar lo mismo. Su hermano busco la biblia y se la leía. Emeli cada vez se ponía peor  su madre pidió a un sacerdote que hiciera un exorcismo. Una tarde estábamos con Emeli. A ella le daba miedo entrar sola a su casa y nos dijo a una de nosotras que la acompañáramos adentro. Una amiga, Yendri, fue con ella. De repente Emeli se volvió y le dijo “vete”. Yendri le dijo “¿qué pasa?” y ella le gritó “vete si no quieres que te mate”. Yendri salió corriendo y asustada.
                                                            Chary Clear  Valera, premio especial Diversificación


Un día calquera de verán, en Santiago, (que daquela era todo fincas) vivía Paco coa súa familia. Paco adoraba aos seus avós, por este motivo sempre os acompañaba a apañar o molime para estrar as cortes. Ían sempre ao monte máis próximo, que daquela non era difícil de atopar, pois aínda abundaban. Alí Paco non facía gran cousa, pois só tiña seis anos e non o deixaban facer nada, polo que aquel día, coma sempre, tumbouse a descansar debaixo dunha espléndida sombra dun carballo. Cando chegou a hora de marchar, entre tanto traballo, os avós non se decataron de que Paco non os acompañaba e quedara a durmir. Ao chegar á aldea, os pais preguntaron polo fillo e, ao ver que non estaba, correron alarmados de volta ao monte. Era xa de noite e non se vía nada, pero iso non impediu que o buscasen todo o que puideron. Finalmente, cando xa comezaba a amencer, atoparon ao pobre rapaz cunha cara que daba frío vela e totalmente desorientado.
Dende aquel día en diante, Paco non volveu a ser o de sempre. Todo lle daba medo, sempre andaba só e debuxaba na terra continuamente algo extraño, un corpo metade home e metade lobo. De alí a unha semana, Paco apareceu morto no monte con grandes rabuñazos, feridas e unha cara con ollos ben abertos que miraban fixamente a algo; ou a alguén. Moitos din que a súa morte ten que ver con aquela figura tan extraña que el, atemorizado, sempre debuxaba; ninguén vira tal cousa, pero moitos xa comezaban a sospeitar que aquela fora a causa. Á criatura bautizárona como Lobishome, que co paso do tempo deu lugar a moitas historias que coñecemos hoxe, para asustar aos rapaces.
                             Santiago Esparís Matanza, 1º premio categoría 2º Ciclo da ESO

3 de novembro de 2013

CONCURSO DE CABAZAS



Daniel Vieites Torres, 3º premio





Daniel Carou Guerra, 2º premio


Paula Noya Mourullo, 1º premio