22 de maio de 2013

O último traballo do señor Luna

(Premio Edebé de literatura xuvenil)
Autor: César Mallorquí
Editorial: Rodeira
Idioma: Galego
Páxinas: 246

Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, Cesar Mallorquí, soubo encaixar perfectamente as pezas dun complexo crebacabezas.
Aínda que a trama dá comezo en Bolivia, coa fuxida de dona Flor Huanaco a España, o plan de vinganza dun poderoso narcotraficante trasladarase ás rúas e aos barrios de Madrid. Tras os seus pasos chegan un implacable asesino a soldo, coñecido como o señor Luna co encargo de matala, e o fillo do narcotraficante, desexoso de herdar o seu imperio e, polo tanto, máis perigoso aínda que o seu pai. Desgraciadamente, axiña se ve involucrado neste complot un mozo superdotado intelectualmente, pero demasiado vulnerable no plano afectivo, porque precisamente Flor Huanaco foi parar á súa casa como asistenta...

Ningún comentario: