27 de maio de 2013

UNHA MINA DE OURO PARA QUEN?


"Aproveitando a actual crise económica, e baixo o paraugas dunha promesa laboral incerta, corporacións multinacionais como a canadense Edgewater teñen en mente levar a cabo proxectos como o da mina de ouro de Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños. ...Este proxecto empregará, entre outros produtos de elevada toxicidade, toneladas de cianuro para separar o ouro da rocha.

O cianuro ten efectos prexudiciais mesmo a doses baixas, podendo afectar ó aparato respiratorio e ós sistemas cardiovascular, gastrointestinal, neurolóxico, ocular e dérmico, dado que en contacto coa pel pode absorberse.
... A minaría a ceo aberto presenta, ademais, unha interminable lista de impactos ambientais"

Tomado de: Plataforma cidadá SALVEMOS CABANA

Para maior información ver o vídeo que presentamos a continuación ou visitar páxinas onde se trata o tema tales como: Galiza non e unha mina   ou Sociedade galega de historia natural 


22 de maio de 2013

O último traballo do señor Luna

(Premio Edebé de literatura xuvenil)
Autor: César Mallorquí
Editorial: Rodeira
Idioma: Galego
Páxinas: 246

Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, Cesar Mallorquí, soubo encaixar perfectamente as pezas dun complexo crebacabezas.
Aínda que a trama dá comezo en Bolivia, coa fuxida de dona Flor Huanaco a España, o plan de vinganza dun poderoso narcotraficante trasladarase ás rúas e aos barrios de Madrid. Tras os seus pasos chegan un implacable asesino a soldo, coñecido como o señor Luna co encargo de matala, e o fillo do narcotraficante, desexoso de herdar o seu imperio e, polo tanto, máis perigoso aínda que o seu pai. Desgraciadamente, axiña se ve involucrado neste complot un mozo superdotado intelectualmente, pero demasiado vulnerable no plano afectivo, porque precisamente Flor Huanaco foi parar á súa casa como asistenta...

12 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O enfoque do noso traballo con respecto a Roberto V. Bolaño foi dende o punto de vista visual  dun tratamento da imaxe plana cun aire entre pop e do mundo do cómic.
Ao ser un escritor teatral o plantexamento do deseño  dos carteis semella un escenario que lle da continuidade e é o fío condutor.
O noso propósito dende o inicio era non sobrecargar os carteis con demasiados datos e darlle un toque humorístico e irónico ás imaxes.

EQUIPO : <ESCRITOR ESCÉNICO>

Coordinadora:
Romay Calvo, Carmen

Autoría:
Alvaredo Serrano, Elena
Dono Caramés, Adrián
Guerra Méndez, Manuel
Losada Dorado, Iván
Ponte Álvarez, José Manuel
Romay Calvo, Carmen

Ilustracións:
Astray Piñeiro, María (fondo guía)
Placer Dalama, María (portada guía)
Rodríguez López, Lía (RVB guía)

Centro Educativo:
I.E.S de Sar de Santiago de Compostela


GUÍA DIDÁCTICA



CARTEIS

3 de maio de 2013

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Este concurso foi organizado polo Departamento de Lingua e Lit. Española en colaboración coa Biblioteca e vicedirección.
Aos alumn@s ao principio costoulle arrancar pero logo foise animando. Hai marcapáxinas moi creativos e orixinais.
As fotos falan por si soas.


O xurado tivo moi difícil decidir cales eran os premiados.
Neste caso ao ser tantos non pode haber premios para todos.
Grazas pola vosa participación e tamén a todo o profesorado implicado.
@s afortunad@s foron:
-Aroa Sánchez
-Yiling Liu
-Marta Cebeiro
-Carlota Fernández
-Alicia Santos
-Manuel Guerra
-F.Javier Pardal
A esquerda podedes ver os seus traballos.
Moitos parabéns!!! dende o Equipo da Biblioteca, Vicedirección e o depat. de Lingua e Lit.Española.